25
O rexedor converteu electoralmente o concello nun fortín inexpugnable para a esquerda, quen non foi capaz de baixar os rexistros electorais dun home que gaña todas as convocatorias e que conta hoxe cunha cómoda maioría absoluta cifrada en 8 concelleiros fronte aos 3 da oposición. O seu poder levouno a ser vicepresidente da Deputación de Lugo, cando estaba en mans do PP, e a conseguir importantes investimentos para unha vila de tamaño medio. Incluso o propio José María Aznar visitou o concello, como presidente do PP, para inaugurar un centro...