26
A concelleira do BNG María Xosé Bravo denuncia que por vez primeira en 27 anos ininterrompidos o Goberno local renunciou a organizar os célebres apropósitos, obras satíricas inspiradas en temas municipais ou nacionais. “Tratábase dun dos sinais de identidade do entroido coruñés con grande éxito entre a cidadanía e que non representaba gasto ningún para o Concello”, pon de manifesto Bravo. “A única explicación para non o organizar pode ser o descoñecemento da tradición e costumes da cidade por parte do Goberno do PP”, apunta.
freiriño: E a cidadanía coruñesa non sabe organizalos, se non o fai o...