I Asemblea Xeral Extraordinaria

De WikiChuza

I Asemblea Xeral Extraordinaria / Assembleia Geral Extraordinária

Lugar: (virtual: http://groups.google.com/group/i-asemblea-xeral-extraordinaria-chuza)

Data: 12:00 do sábado 12 até domingo 13 de Março/Marzo de 2011

Orde do día:

  • Informe da actual Directiva.
    • Rexistro da Asociación
    • Situación Financiera
  • Elección da nova xunta directiva.
  • Toma de decisión sobre o rexistro da marca "Chuza".


Comunicado á comunidade

A directiva da Asociación Cultural Chuza informa que os vindeiros sábado 12 e domingo 13 de Marzo celebrarase a primeira Asemblea Xeral Extraordinaria. Esta asemblea celebrarase por medio dunha lista de correo debido á distancia xeográfica que separa a boa parte da comunidade. A hora de comezo será as 12 do mediodia e ata que o decidam os asemblearios, tendo como límite as 23:59 do domingo. Debido a complicacións surxidas no seo na Asociación, concretouse que todos os socios que queiran participar nesta asemblea deberán facer o pago da cuota deste ano íntegra vía PayPal. Máis adiante habilitaránse outros medios para o pago das cuotas. Todos os que realicen o pago recibirán un correio de invitación para participaren na asemblea. Á xente que xa se inscribira e dera o seu número de conta bancaria, non se lle cobrará a deste ano. Chegouse a esta solución por motivos de forza maior, polo que esperamos a vosa comprensión.

Grazas,

        A diretiva
Ferramentas persoais